Vilar de Santos prepara o seu VII Mercado de Artesanía Local

Os postos abriranse a partir das 12,00 horas do mediodía e entre eles haberá unha importante representación de artesanía e gastronomía local e galega

A taberna cultural A Arca da Noe, en colaboración co forno tradicional Faragullas e o Concello de Vilar de Santos, celebrará o vindeiro domingo, día 13 de outubro, a séptima edición do Mercado de Artesanía e Produto Local, que incluirá numerosas actividades musicais, concertos e obradoiros para os máis pequenos. 

Nunha ocasión máis, o mercadiño autóctono estenderase ao longo da rúa do Forno. Os postos abriranse a partir das 12,00 horas do mediodía e entre eles haberá unha importante representación de artesanía e gastronomía local e galega. Pouco despois, ás 13,30 horas haberá unha foliada popular. 

Pedro Pastor y los locos descalzos poñerán a nota musical ás 19,00 horas.

Te puede interesar