A LIMIA

Vilar de Santos recupera da memoria o ciclo do liño

09.07.15.VILAR.DE.SANTOS.MUSEO.DA.LIMIA.FIADEIRO.
photo_camera Mulleres de Eirada durante a representación dunha das fases do ciclo do liño.

Un cento de personas asistiron á unha escenificación no Museo da Limia

Un cento de persoas procedentes de moi diversos puntos de Ourense e de zonas de Pontevedra como O Condado e Vigo, desprazáronse na tarde de onte ata Vilar de Santos, para asistir á demostración do ciclo do liño que organizou a asociación Centro de Desenvolvemento Rural Eirada. A iniciativa xurdiu a raíz da petición realizada por unha asociación irlandesa, que desexa recuperar o cultivo tradicional do liño nun pobo daquel país.

Segundo relata Nelson Alonso, coordinador de Eirada, no devandito pobo irlandés houbo unha gran producción de liño na primeira mitade do século pasado, pero facíase de xeito industrial e o tecido destiñábase a uso militar. Cando o exército deixou de ter interés polo liño, a empresa que o explotaba pechou a o cultivo acabou desaparecendo.

Pola contra, o cultivo do liño na comarca da Limia foi unha tarefa familiar. "Aquí cultivábase en cada casa", afirma Nelson Alonso, quen añade que "había unha enorme tradición e en canto na asociación irlandesa se enteraron de que aquí reproducíamos todo o ciclo do liño, pedíronnos que lles fixéramos unha representación para poder trasladalo a Irlanda e recuperar esta actividade".

A representación tivo lugar no Museo da Limia e nela, mulleresmaiores da zona, que pertencen a Eirada, fixeron unha demostración completa do ciclo, desde a sementeira, ó cultivo, a recolección, a extracción da semente, a malla e as distintas fases que aínda atravesa despois ata convertilo nos fíos que conformarán o tecido.

Ao longo de hora e media as mulleres de Eirada representan unha tarefa que en tempo real prolongábase todo un ano. "Desde que se sementaba, no mes maio habitualmente, ata que se sacaba o fío pasaba exatamente un ano", aclara Nelson Alonso.

Despois da demostración no Museo da Limia, Eirada organizou para os asistentes unha foliada nun local de Vilar de Santos, na que hubo pinchos, bebida e actuacións musicais.

Te puede interesar