A LIMIA

Vilar de Santos saca a concurso o cambio de alumeado público

vilar de santos
photo_camera Esta actuación forma parte dun plan iniciado en 2016 para mellorar os puntos luminosos (MARTIÑO PINAL).

Esta nova intervención forma parte dun plan de renovación dos distintos puntos lumínicos para acadar un maior aforro enerxético e reducir a contaminación

O Concello de Vilar de Santos vén de sacar a concurso público o contrato para realizar as obras de renovación das instalacións do alumeado público deste municipio da comarca limiá. O acordo final terá un valor estimado de 152.431 euros.

O prazo de presentación de solicitudes para as distintas empresas interesadas abriuse este xoves, día 18 de abril, a media noite; e prolongarase ata o vindeiro 7 de maio, martes, ás 14,30 horas. 

Esta nova intervención forma parte dun plan de renovación dos distintos puntos lumínicos promovido polo Concello de Vilar de Santos. O obxectivo é acadar un maior aforro enerxético e reducir a contaminación. 

A administración local elaborou en novembro do 2016 un estudo de sustentabilidade ambiental da iluminación pública municipal para poder determinar as prioridades en aras de conseguir as melloras lumínicas.

Te puede interesar