entrevista

"Vilar de Santos ten moita vida. É un entorno rural, pero con mozos e numerosas actividades"

photo_camera Sandra González, de Bolboretas.

Sandra González é a tesoureira da asociación "Bolboretas Vermellas" de Vilar de Santos que, por terceiro ano consecutivo, vén de conseguir unha axuda europea de 11.000 para organizar un encontro xuvenil internacional na localidade da comarca limiá

Sandra González é a tesoureira da asociación "Bolboretas Vermellas" de Vilar de Santos que, por terceiro ano consecutivo, vén de conseguir unha axuda europea de 11.000 para organizar un encontro xuvenil internacional na localidade da comarca limiá. Esta nova edición, que se prolongará do 16 ao 22 de setembro, versará sobre o papel da muller no rural. 

Como naceu a idea de organizar este encontro?

Sempre nos gustou o feito de traballar con grupos de xóvenes de diferentes países e dar a coñecer o noso rural. Vilar de Santos ten moita vida, mozos e moitas actividades. 

Cando e como xurdiu Bolboretas Vermellas?

Naceu hai catro anos da unión da mocidade de Vilar de Santos, actualmente contamos con medio cento de socios. 

Que actividades adoitades levar a cabo ademais deste encontro?

Organizamos distintos obradoiros para nenos e maiores en colaboración co Concello de Vilar de Santos. 

Cal diría que é o papel das asociacións do rural?

Penso que o que facemos, un traballo en rede, é clave para o desenvolvemento das zonas máis rurais.

Que tipo de actividades faredes no encontro?

Haberá unha mesa redonda na que participarán traballadoras locais, obradoiros, festas e excursións.

Te puede interesar