O Viso pon en marcha o Concilia no verán 2020

O programa defende o contacto coa natureza e a conciliación 

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso ven de poñer en marcha, un ano máis, o seu programa Concilia no verán xunto aos concellos de Laza, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia. 

A iniciativa busca amosar, por unha banda, o compromiso da entidade coa infancia mediante a aposta por un tempo de lecer saudable, en contacto coa natureza e co patrimonio local. Sempre desde o respecto ás necesidades propias. Por outro lado, os promotores destacan a necesidade de dar solución ás familias da contorna que precisan conciliar a vida persoal, familiar e laboral.

Tradicionalmente, o programa levábase a cabo en Lodoselo, sen embargo, tivo trasladarse ás instalacións do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo por precaución e para cumprimento das medidas sanitarias de prevención da covid-19.

Te puede interesar