A Limia

O Viso presenta o seu programa “Concilia no Nadal" deste ano

A Limia

O Viso presenta o seu programa “Concilia no Nadal" deste ano

O programa será levado a cabo os días 26,27, 30 do mes de decembro e o 2 e 3 de xaneiro do vindeiro ano 2020

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso volverá a reeditar, un ano máis, o seu programa "Concilia no Nadal". Segundo explican dende esta entidade social, a conciliación familiar "é unha das prioridades da axenda social e política" e, por este motivo, "faise imprescindible responder ás necesidades das familias para garantir a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres".

Dende o CDR, que conta con sedes en Lodoselo e en Xinzo de Limia -onde realizan ao longo do ano diferentes actividades-, volverán a promover o seu programa de conciliación coa finalidade de procurar unha "axeitada" atención asistencial e socioeducativa aos nenos, ao tempo que se facilita a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas que integran o núcleo familiar dos nenos usuarios de dito programa navideño. 

O programa será levado a cabo os días 26,27, 30 do mes de decembro e o 2 e 3 de xaneiro do vindeiro ano 2020. O horario das actividades prolongarase entre as 09,00 horas e as 14,00 horas, e todas se celebrarán na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Para poder obter máis información sobre o proxecto ou concretar as inscricións, os interesados deberán achegarse ata a rúa Ladeira número 21 de Xinzo ou ben chamar ao teléfono de contacto da entidade 988461571.

Más en A Limia