O Viso promove un programa contra o despoboamento

Esta actividade estase a desenvolver en paralelo noutros centros de desenvolvemento.

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso reeditará o seu programa de “Apoio e asesoramento para o asentamento e fixación de novas persoas poboadoras no medio rural”, financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a través da Secretaría do Estado de Dereitos Sociais e da Secretaría para a Axenda 2030. “Seguiremos a traballar a sensibilización na poboación local da necesidade de acoller a xente que axude a revitalizar a comarca, a promover a acollida de persoas procedentes doutros lugares, así como a apoiar a súa integración na comunidade”, subliñaron dende o colectivo. “Esta actuación permitirá tamén localizar e asesorar ás persoas ou familias que desexen ofrecer propiedades para alugar mantendo actualizado o banco de casas e terras dispoñibles”, engadiron. 

Esta actividade estase a desenvolver en paralelo noutros centros de desenvolvemento.

Te puede interesar