VIOLENCIA DE XÉNERO

Xinzo acolle unha mostra sobre a violencia de xénero

<p></p>
photo_camera Estará instalada na Casa da Cultura ata o 4 de novembro.

A exposición tratará de concienciar á mocidade sobre conductas nocivas como o control ou a chantaxe emocional

A Casa da Cultura de Xinzo acollerá dende hoxe e ata o vindeiro 4 de novembro a mostra fotográfica "Á violencia de xénero dille non" composta por 11 paneis que amosan unha realidade social da actualidade. A exposición, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, ten como obxectivo concienciar á mocidade dos estereotipos nocivos que perxudican á relación de parella -fundamentalmente na adolescencia e na xuventude- e favorecer a construcción da sociedade sobre pilares como a liberdade, a tolerancia e o respeto.

Nos carteis reflíctense formas de exercer unha violencia que ás veces pasa desapercibida para quen a sofre e, nalgúns casos, a quen a exerce, por tratarse dun modelo normalizado pola cultura e o entorno social.

"Á violencia de xénero dille non" pretende axudar ás persoas máis novas a recoñecer, identificar e rexeitar conductas nocivas como o control, o abuso, a chantaxe emocional e outras formas de maltrato. A mostra enmárcase dentro das actividades que se pretenden levar a cabo na vila limiá para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que no concello terá "máxima visibilidade" coa posta en marcha de numerosas actividades dende o 19 de novembro ata o 25 do mesmo mes.

Te puede interesar