XINZO

Xinzo Adiante asegura que o Campo da Feira ten risco de peche

Dende a formación denuncian que o Concello incumpre a normativa 

Xinzo Adiante vén de denunciar a situación que está a padecer o Campo da Feira da vila. Os seus integrantes manteñen que o Grupo de Goberno do Partido Popular está incumprindo a normativa que establece que despois de cada feira, ademais de limpar, o Concello ten que desinfectar estas instalacións. Tamén indica que os animais e a comida deben estar separados a nivel arquitectónico e que non se debe permitir o acceso de vehículos privados ao recinto. Dende XA manteñen que esto se está incumprindo e que se levantaron varias actas ante a pasividade do Consistorio. "Tal foi a desidia que hai unha orde de peche do recinto se non se toman as medidas para cumprir coa lei", din.

Manuel Pérez Campos pediu formalmente que se actúe ante esta situación.

Te puede interesar