SAÚDE

Xinzo Adiante quere que se investigue o cancro na Limia

O obxectivo desta proposta é o de que "se adopten unha serie de medidas preventivas para paliar a especial incidencia desta enfermidade

A formación Xinzo Adiante ven de rexistrar unha moción para ser debatida na vindeira sesión plenaria, pola que se insta á Xunta de Galicia a que "realice un estudo sobre a incidencia do cancro na comarca de A Limia así como as causas que o provocan". O obxectivo desta proposta é o de que "se adopten unha serie de medidas preventivas para paliar a especial incidencia desta enfermidade na comarca en xeral, e no concello, en particular". 

Te puede interesar