A Limia

Xinzo Adiante reclama a adaptación dos velorios

XA insta ó Concello a solicitar subvencións a outras institucións "para garantir que cada aldea teña o seu tanatorio".

O grupo municipal de Xinzo Adiante (XA) presentou unha moción no Concello, na que prantexa que o Concello se faga cargo da adaptación dos velorios existentes no rural de Xinzo de Limia á normativa de sanidade mortuoria de Galicia.

Neste sentido, XA solicita que se faga un estudo sobre cal é a situación de cada tanatorio, dos recursos dispoñibles en cada caso e de que o Concello se comprometa a colaborar cos núcleos de poboación para que todas estas instalacións se adapten á lei. XA insta ó Concello a solicitar subvencións a outras institucións "para garantir que cada aldea teña o seu tanatorio".

Te puede interesar