A Limia

Xinzo Adiante reclama novas taxas por ocupar o dominio público

A Limia

CONCELLO

Xinzo Adiante reclama novas taxas por ocupar o dominio público

A formación denuncia a situación que sofre "o cidadán de a pé", do que destaca que "viu reducidos os seus servizos ao tempo que se lle aumentaban os impostos que tiña que pagar"

O grupo municipal Xinzo Adiante presentou no Concello unha moción para ser tratada no vindeiro pleno, na que solicita ao goberno local o establecemento dunha ordenanza que regule a taxa que as grandes empresas eléctricas, de gas e de auga, deben aboar por ocupar o dominio público. 

A formación denuncia a situación que sofre "o cidadán de a pé", do que destaca que "viu reducidos os seus servizos ao tempo que se lle aumentaban os impostos que tiña que pagar". Nesta liña, a formación política culpa aos populares de Xinzo de "machacar aos cidadáns e deixar que as grandes empresas eléctricas, de gas e de auga escapen ás taxas". 

Por outra banda, Xinzo Adiante alude a unha sentenza aprobada recentemente polo Tribunal Supremo, "na que se permite que os Concellos comecen a valorar como construccións as liñas instaladas polas compañías eléctricas de alta tensión e as canalizacións de gas, á hora de calcular a base impoñible do imposto por uso do dominio público". Deste xeito para a formación limiá, "se os cidadáns pagan impostos e os hostaleiros pagan taxas por instalar terrazas, o normal é que estas grandes empresas tamén o fagan". Xinzo Adiante solicitou o establecemento desta nova taxa e, ademais, adxuntou unha ordenanza xa elaborada "para que non haxa motivos para demorar a súa aplicación". 

Más en A Limia