A Limia

Xinzo Adiante urxe a creación dun Padroado do Entroido

A agrupación veciñal fixeron público, "trala actitude absolutamente improvisada amosada polo consistorio na organización das festas patronais de Santa Mariña"

A agrupación veciñal Xinzo Adiante expresou onte o seu firme propósito de que o Concello limián opte pola figura do Padroado para organizar a vindeira edición do Entroido da localidade. Segundo fixeron público, "trala actitude absolutamente improvisada amosada polo consistorio na organización das festas patronais de Santa Mariña, deixando en mans dunha asociación veciñal non plural por estar constituida por militantes e simpatizantes do Partido Popular, apostamos por que o  Concello arbitre unha serie de reunións cos diversos colectivos que levan traballando a prol do Entroido e non deixe a súa preparación nas mans dunha asociación amiga co claro gallo de politizar e instrumentalizar as festas máis importantes do noso municipio".


"Troula " afín ó PP
Xinzo Adiante aposta pola "necesaria pluralidade coa que se debería organizar calquera celebración. Nas festas de Santa Mariña, a chamada Troula da festa estivo formada polo presidente de Novas Xeracións, o número dez da lista popular, máis membros do colectivo xuvenil dese partido e ata o fillo dunha das concelleiras do PP, algo que evidencia claramente a politización denunciada", din.
 

Te puede interesar