Comercio local

Xinzo agasalla aos seus clientes con 3.300 euros

comerce2_resultado
photo_camera La alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama -en el centro-, presidió el sorteo.

A promesa feita entre o Concello de Xinzo e a asociación de comerciantes da vila, Prolimia, de que "as compras en Xinzo este Nadal terán premio" cumpriuse onte co primeiro sorteo de 3.300 euros en vales para agasallar, pola súa fidelidade, a aqueles compradores que, dende o pasado día 7 de decembro, realizaron as súas compras no comercio de proximidade do municipio. 

O primeiro dos tres sorteos que se celebrarán neste mes de decembro tivo lugar no salón de plenos do Concello de Xinzo ás 10,30 horas ante as dúas secretarias municipais. Tamén estiveron presentes Josefa Devesa, como representante de Prolimia; os edís Ramiro Rodríguez e Manuel Pérez Campos -de Cultura e Promoción Económica, respectivamente- e a rexedora de Xinzo de Limia, Elvira Lama.

Por categorías, o terceiro premio, de 300 euros recalou nas papeletas agasalladas no 4C A Limia; os catro segundos premios -cheques de 500 euros cada un para seguir mercando no comercio local da vila- foron a parar a catro clientes de Mystic, Salón Peluquería Xoven, Acacio e o Bar Cuañeira de Piñeira Seca. 

O primeiro premio, valorado en 1.000 euros para mercar na vila, proporcionouse na Panadería Cañón. 

Dende Prolimia animan a seguir mercando na vila, pois aínda restan dous sorteos máis nas vindeiras semanas con 6.600 euros en premios para os que aposten polo comercio local.

Te puede interesar