Xinzo apoiará a inserción sociolaboral de mulleres de etnia xitana na vila

convenio
photo_camera José Alberto Martínez, Elvira Lama, e Eva Vera Ledo na sinatura.
Cedeuse á Fundación Secretariado Gitano un local na Casa da Cultura

Co obxectivo de favorecer a inserción sociolaboral das mulleres de etnia xitana, o Concello de Xinzo e a Fundación Secretariado Gitano  asinaron este luns un convenio de colaboración polo cal se formalizou a cesión dunha aula municipal da Casa da Cultura para que se poida levar alí a cabo un programa a favor da integración: o programa Sara-Romí, financiado polo Instituto da Muller. No acto participou a alcaldesa, Elvira Lama; a directora territorial da entidade, Eva Vera Ledo e o concelleiro de Servizos Sociais, José Alberto Martínez. 

Grazas a este acordo, celebraranse na Casa da Cultura unha serie de actividades formativas de cara á mellorar a calidade de vida das participantes. Tratarase, en definitiva, de fomentar a súa autoestima, confianza e outros aspectos persoais, ao tempo que se traballa no seu proxecto profesional para que sexan protagonistas activas do seu propio proceso de inserción, tal e como explicaron dende o Consistorio. 

O programa dirixirase a mulleres xitanas que teñan dificultades sociais e persoais que obstaculicen a súa inserción sociolaboral. “Pretendemos  axudar a un colectivo no que predomina o desemprego feminino. Agardamos que a participación sexa boa e que poida desenvolverse durante moitos anos”, desexou a rexedora de Xinzo, Elvira Lama. “A idea é que melloren a súa cualificación e poidan acceder a un emprego se o desexan”, apuntou Eva Vera, que destacou a presenza da comunidade xitana da vila.

Te puede interesar