Xinzo cede os terreos para eliminar os vertidos ao Limia

Os técnicos no lugar da intervención.
photo_camera Os técnicos no lugar da intervención.

O proxecto para eliminar os vertidos ao río Limia e acondicionar o seu entorno avanza sen pausa. Un ano despois de que o Concello de Xinzo e Confederación Hidrográfica Miño-Sil comezasen a dar os primeiros pasos para acometer esta ambiciosa actuación, o pleno aprobará o próximo xoves a posta a disposición dos terreos para comezar as obras.

Foi a finais do mes de marzo cando ambas administracións firmaron un acordo no que se estableceu a co-financiación dunha actuación que suporá unha inversión de 1.420.000 euros. 

O Goberno central, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, aportará o 80% do presuposto, mentres que a achega municipal será do 20%. Así quedaron determinadas as condicións económicas para a colaboración entre o Concello e a Confederación para unha intervención moi demandada e que permitirá a recollida de todos os vertidos ao río Limia e a súa canalización a un pozo existente da rede municipal, no parque do Toural, que os enviará á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR).

Paralelamente, estableceranse as actuacións precisas para mellorar as condiciones de mobilidade na zona, a través de senda peonil e carril bici, en ambas beiras do río entre a estrada de Baltar e a ponte da calle Sitibal.

Para a eliminación dos vertidos empregarase unha tecnoloxía que permitirá o cruce subterráneo do río Limia. Unha vez eliminados os vertidos, urbanizaranse as dúas marxes.

Te puede interesar