Xinzo celebrará o Día do Libro a través das Redes Sociais

A campaña consistirá en subir unha foto amosando os libros favoritos dos participantes

O Concello de Xinzo vén de promover a campaña "Mil libros, mil aventuras" co obxectivo de conmemorar o Día do Libro, que terá lugar o vindeiro día 23, e de animar á lectura. 

Segundo explicaron dende o Consistorio, os participantes deben colgar un post -que levará a etiqueta #DíadoLibroXinzo2021- en calquera das contas de Facebook, Twitter ou Instagram que conteña unha foto orixinal da capa do seu libro favorito ou un selfie co exemplar nas mans. Non se admitirán, neste senso, fotos descargadas de Internet, e o título da obra deberá ser claramente visible.

A campaña, na que xa se pode participar, prolongarase ata o vindeiro 25 de abril e, con todas as participacións, elaborarase un mural. Tamén se sortearán tres lotes de libros aínda que será necesario seguir ás tres contas oficiais do Concello de Xinzo en Twitter, Facebook e Instagram.

Te puede interesar