ENTROIDO

Xinzo colgará hoxe ó Meco e mañá celebra o Domingo Oleiro

Esta tarde, 'entre lusco e fusco', o Meco percorrerá o casco antigo, ata chegar á Praza Maior para o seu colgamento.

O colgamento do Meco no Entroido de Xinzo marcará o inicio da segunda fin de semana de festa na vila. Esta tarde, 'entre lusco e fusco', o Meco percorrerá o casco antigo, ata chegar á Praza Maior para o seu colgamento. Ás 21,00 horas haberá unha cea popular con pan e chourizo e sobre as 22.30 horas, a agrupación de música folk, Pelepau, ofrecerá un concerto.  

Mañá será o Domingo Oleiro. O desfile do carro das olas comezará ás 12.30 horas e media hora máis tarde, terá lugar o oleiro infantil na Praza Maior. Dende as 12.00 horas haberá música polas principais rúas da vila, que c orrerá  a cargo de agrupacións de gaiteiros procedentes varios pobos da comarca como Sarreaus ou Baltar, e tamén de Xinzo.

Ás 16,30 horas volverá o desfile do carro das olas e ás 17,00 horas dará comezo o Oleiro Senior polas rúas e prazas do casco antigo.

Te puede interesar