DEPORTES

Xinzo contará cun novo espazo deportivo na estrada de Baltar

O novo espazo deportivo estará ubicado no parque instalado na estrada que comunica Xinzo de Limia co concello de Baltar

O edil de Medio Ambiente e tenente de alcalde de Xinzo, Manuel Cabas, adiantou a intención do Concello de contar cun parque de calistenia na vila para este mesmo verán, o primeiro destas características na localidade. Trátase dun recinto no que os visitantes poderán realizar unha serie de exercicios físicos grazas aos que mellorarán e correxirán as súas posturas corporais. Este método ten a súa base no propio peso  corporal do deportista. 

O novo espazo deportivo estará ubicado no parque instalado na estrada que comunica Xinzo de Limia co concello de Baltar -ao pasar a ponte do río Limia-. O edil de Medio Ambiente asegurou que as obras comezarán no prazo dun mes, sempre e cando "o tempo as permita", e que poderían estar rematadas de cara ao comezo do verán. 

O Concello de Xinzo investirá nesta obra preto de 8.200 euros. 


A taxa deportiva, parada


O Concello de Xinzo anunciou  a pasada semana a súa intención de modificar a ordenanza reguladora da taxa polo uso de espazos deportivos. O rexedor local, Manuel López Casas, adiantou a intención do goberno local de crear un "uso por horas", que tería un coste "menor a outros Concellos", sen embargo, a proposta quedou sobre a mesa no último pleno que tivo lugar na localidade.

Te puede interesar