Xinzo contará cun segundo aparcadoiro gratuito

parcela (1)
photo_camera Ramón Gómez Salgado e Amador Díaz fronte ao terreo no que se ubicará o novo parking de Xinzo de Limia.
Disporá de 25 prazas e será de rotación continua

Xinzo de Limia contará nuns meses co seu segundo aparcadoiro público e gratuíto ubicado na avenida de Celanova. Así o informou o Concello de Xinzo nesta mañá de domingo, apuntando que "xa existe un acordo co propietario de terreo, que cederá a súa parcela para este uso público a cambio da exención do Imposto sobre Bens Inmobles, por un período de tempo de seis anos". 

O novo aparcadoiro, que pretende liberar o tráfico neste punto, evitar o mal estacionamento de vehículos e potenciar esta zona comercial, contará con 25 prazas e será, tal e como puntualizaron dende o Consistorio, "de rotación continua". Neste senso, a distribución dos ocos para o aparcamento será en batería co obxectivo de optimizar o espazo dispoñible, que se adapta á forma triangular do terreo. Nun dos vértices irán un total de 11 espazos aptos para o aparcamento, mentres que o resto se repartirá entre os restantes.

gráfico

Este novo servizo complementará o habilitado por este Goberno local na rúa Curros Enríquez, recentemente reacondicionado, e que ten dispoñibles para os usuarios un total de 100 prazas. O executivo quere seguir apostando por esta fórmula de aparcadoiro "que contribúe a liberar as principais rúas comerciais de vehículos".

Te puede interesar