Premio

Xinzo convoca un premio de decoración nos balcóns

O concurso dará continuidade ao embelecemento de espazos públicos e edificios municipais.
photo_camera O concurso dará continuidade ao embelecemento de espazos públicos e edificios municipais.
O prazo para inscribirse no certame  continuará ata o 15 de agosto

O Concello de Xinzo vén de convocar un novo concurso de ornamentación nos balcóns coas flores como protagonistas. O obxecto deste premio pasa por "embelecer" os balcóns e xanelas da vila, ao tempo que se prolonga no tempo a homenaxe aos profesionais que, durante varios meses, loitaron -e continúan facéndoo- por salvar vidas en medio da pandemia do covid-19. 

O prazo para inscribirse no certame abriuse esta mesma semana e continuará ata o 15 de agosto -será necesario cubrir un impreso que se pode atopar nas oficinas municipais-. 

O xurado -integrado por un representante de cada grupo municipal e tres veciños que queiran participar na deliberación- escollerá as mellores creacións. Haberá catro premios que consistirán nun vale de 100 euros para gastar no comercio local.

Te puede interesar