Xinzo derribará barreiras cognitivas en zonas comúns

pictogramas5
photo_camera As plantillas dos pictogramas que se pintarán nos pasos de peóns da vila.
"Para. Mira. Coche parado. Cruza" será a secuencia que poderá verse nos pasos de cebra.
 

Os pictogramas para facilitar a comprensión e sortear as dificultades na comunicación que padecen moitas persoas continúan acaparando en Xinzo máis espazos comúns e edificios públicos. 

Despois de instalar, a iniciativa do Colexio Rosalía de Castro, varias imaxes destas características en lugares como o Concello ou as oficinas das Policía Local, ubicaranse novos pictogramas nos pasos de peóns do municipio e dos centros escolares. Dende o Consistorio anunciaron, neste senso, a chegada das plantillas cos correspondentes símbolos e está previsto que nos próximos días comecen os traballos de pintura. "Para. Mira. Coche parado. Cruza" será a secuencia que poderá verse nos pasos de cebra.

O obxectivo será facilitar a comprensión da mensaxe e, polo tanto, a mobilidade a aquelas persoas con necesidades cognitivas. Deste xeito, ademais das persoas con TEA -Trastorno do Espectro Autista-, poderán beneficiarse da idea aquelas con problemas de comprensión, discapacidade intelectual ou maiores.

Te puede interesar