MÚSICA

Xinzo estreita relacións co colectivo galego de Zürich

<p></p>
photo_camera Os membros da Asociación Cultural "As Xeitosiñas" de Zürich con Xoán Antón Losada, agachado á dereita.

A relación da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo co centro suizo remóntase a mediados da década dos 90

Xinzo de Limia estreita lazos durante estes días coa cidade suiza de Zürich por medio dun dos mestres da Escola Municipal de Gaitas e Percusión. Xoán Antón Losada atópase impartindo un cursiño de música instrumental galega na Asociación Cultural "As Xeitosiñas", unha das que contan co recoñecemento oficial de "Comunidade Galega" que outorga a Xunta de Galicia.

Preto de 50 rapaces e rapazas, que forman parte das seccións instrumentais e de banda de gaitas da mencionada entidade, reciben ensinanzas sobre o instrumento tradicional galego e tamén sobre percusión, da man do mestre limiao.

A relación da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo co centro suizo remóntase a mediados da década dos 90, cando o actual director da entidade limiá, Fernando Dopico, que por aquel entón exercía como mestre da Xunta de Galicia nas Comunidades Galegas do Exterior, impartiu varios cursiños na asociación cultural suiza. O Concello de Xinzo colabora de xeito activo para continuar con estas visitas anuais. 

Te puede interesar