A formación terá lugar os luns e mércores de 20 a 23 horas.
O vindeiro luns comeza na Casa de Cultura de Xinzo, o "Curso Básico de Adestrador de Fútbol". Organizado pola Federación Galega de Fútbol en colaboración co consistorio, mantén aínda aberto o prazo de inscrición para todos aqueles interesados. A formación terá lugar os luns e mércores de 20 a 23 horas. O preparador físico do Rápido de Bouzas, David Carnero, dirixirá o curso.