Xinzo modernizará o escudo e deseña unha bandeira propia

20170622223025915_result
photo_camera Casa do Concello de Xinzo.

O Concello de Xinzo realizará a vindeira semana unha homenaxe oficial a varios membros da Policía Xudicial da Garda Civil da vila en recoñecemento ás actuacións abordadas por estes axentes

A corporación municipal de Xinzo votará no pleno ordinario do vindeiro xoves, 29 de xuño, os deseños definitivos do escudo e da  bandeira da vila limiá. A proposta, emitida polo grupo de goberno, foi aceptada pola Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia e permitirá que a capital comarcal sexa un dos poucos concellos da provincia que conte cunha bandeira propia. Neste sentido, corresponderá aos diferentes grupos municipais decantarse por unha das dúas opcións presentadas que, segundo adiantou o alcalde de Xinzo Antonio Pérez, son moi similares. "No escudo fixemos unha pequena modificación coa finalidade de modernizalo", explicou o rexidor local. "A bandeira estará composta pola franxa negra, o trigo e o galo. Transladamos a simboloxía do escudo á futura bandeira", engadiu. 

Unha vez escollidas as opcións definitivas serán publicadas nos boletíns oficiais. A de Xinzo acompañará ás bandeiras española, galega e europea no exterior do consistorio limiao, no Salón de Plenos e en todos os edificios públicos da vila. 

Homenaxe á Garda Civil

O Concello de Xinzo realizará a vindeira semana unha homenaxe oficial a varios membros da Policía Xudicial da Garda Civil da vila en recoñecemento ás actuacións abordadas por estes axentes nos últimos anos en materia de roubos e operacións antidroga. 

O acto terá lugar no Salón de Plenos da casa consistorial e asistirán os membros da Corporación municipal. 

Te puede interesar