formación

Xinzo prevé crear novos ciclos formativos na vila

<p></p>
photo_camera Instituto Lagoa de Antela, donde se imparten parte de los cursos de FP que oferta Xinzo actualmente.

Na actualidade só conta cunha FP básica de Cociña, Electrónica e Agraria

O edil responsable da área de Educación en Xinzo, Luis Miguel Gil, mantivo un encontro con representantes da Asociación de Pais e Nais do IES Lagoa de Antela, así como co seu director, co obxectivo de comezar cos trámites para introducir na vila novos ciclos de Formación Profesional básica e media. Na actualidade, a capital comarcal tan só conta cun FP básico de Cociña no Instituto Lagoa de Antela e con dous superiores no IES Cidade de Antioquía: un de Electrónica e outro de Agraria.

Logo deste primeiro contacto, terá lugar, nas vindeiras xornadas, unha nova reunión coa dirección dos dous centros e coas súas respectivas asociacións de pais e nais para estudar as necesidades da comarca da Limia e realizar unha petición conxunta á Consellería de Educación da Xunta de Galicia.


Aulas de madrugadores


Gil Penín tamén se reuniu coa ANPA do CEIP Rosalía de Castro para abordar a demanda existente de aulas de madrugadores. Na xuntanza acordouse ter unha nova coa dirección dos dous colexios da vila e seguir profundizando nesta cuestión.

Nos vindeiros días irase concretando o estudo conxunto deste servizo, que estaría xestionado polas ANPAS co apoio do Concello. O obxectivo é que comece a funcionar neste mesmo curso educativo e buscaranse subvencións por parte doutras entidades para o financiamento da aula.

Te puede interesar