LITERATURA

Xinzo publica as bases para o concurso literario Carlos Casares

Poderán participar todas as persoas que presenten un relato "inédito", "da súa autoría" e en lingua galega

A Concellería de Cultura de Xinzo de Limia, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, ven de publicar as bases para participar na segunda edición do Concurso Literario Xuvenil Carlos Casares de Narración Curta.

Poderán participar neste premio, todos as persoas que presenten un relato "inédito", "da súa autoría", redactado en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente.

A temática das creacións é libre e os inscritos repartiranse en tres categorías: infantil (de idades comprendidas entre o ano 2005 e posteriores), xuvenil (os nacidos entre 1999 e 2004) e júnior (entre 1992 e 1998).

A partir desta semana, as obras literarias poderanse entregar na Casa da Cultura de Xinzo ou nos centros de ensino da vila, e os premios consistirán en bonos para material escolar e libros.

O xurado de este ano estará composto polo escritor Antón Riveiro Coello e Rafael Laso, o presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares Mouriño, e profesores de Lingua e Literatura Galegas dos centros escolares de Xinzo, profesores e técnicos de Cultura, Educación e Xuventude do Concello, así como a Bibliotecaria municipal.

O fallo coñecerase antes do 17 de maio. 

Te puede interesar