Xinzo recoñece coa súa Medalla ao capitán José Luis Casas

Foi tenente na capital limiá durante unha década, antes do seu ascenso a capitán

O Concello de Xinzo rendiu homenaxe esta mañá a José Luis Casas Rivero, tenente na capital limiá durante unha década. O garda civil, que acaba de lograr o seu ascenso a capitán, recibiu a Medalla de Xinzo de mans da Corporación. 

Dende o Goberno local destacaron a "dedicación" de Casas, que actualmente agarda un novo destino, durante todos estes anos en Xinzo "a prol da seguridade dos veciños". Do mesmo xeito, remarcaron a súa colaboración coa Policía Local, sendo nestes momentos Xinzo "un modelo neste sentido". Esta relación de colaboración chegou ata a elaboración do Plan de Autoproteción do Entroido.

Te puede interesar