agricultura

Xornada sobre seguros agrarios para os produtores de patacas

Abordáronse tamén as necesidades deste sector e outras temáticas como a sanidade vexetal

 A Consellería do Medio Rural colaborará coa nova Asociación de Produtores Pataca da Limia na organización dunha xornada sobre seguros agrarios. A solicitude, que foi trasladada pola agrupación hai uns días, resolveuse favorablemente despois de estudar as posibilidades e comprobar a temática, que se enmarca dentro do obxectivo de Medio Rural de fomentar a contratación de pólizas.

Non será o único acto no que a consellería ofrecerá a súa axuda á nova agrupación de produtores. Así llo trasladou a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, nun encontro que serviu de primeira toma de contacto entre a administración autonómica e esta entidade, cuxos membros producen o 95% da pataca que se colleita na comarca.

“A nosa intención é abrir unha vía de colaboración, como co resto de agrupacións de todos os sectores”, sinalou a directora xeral, que avanzou tamén o apoio de Medio Rural para unha xornada de exaltación da pataca de carácter profesional, no que se inclúan xornadas de formación.

No encontro, no que estivo tamén presente o deputado autonómico e concelleiro de Xinzo de Limia, Carlos Gómez, abordáronse tamén as necesidades deste sector e outras temáticas como a sanidade vexetal.

Te puede interesar