LOITA CONTRA INCENDIOS

A Xunta proxecta unha aldea modelo en Rairiz

José González -segundo pola esquerda- recibiu á rexedora de Rairiz, Asunción Morgade -ao seu carón-.
photo_camera José González -segundo pola esquerda- recibiu á rexedora de Rairiz, Asunción Morgade -ao seu carón-.
A iniciativa ten como obxectivo defender a persoas e bens dos incendios

A rexedora de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, reuniuse en Santiago de Compostela co titular autonómico de Medio Rural, José González, co obxectivo de abordar as diferentes demandas e necesidades do concello da comarca limiá en materia agraria. Neste senso, ambos representantes institucionais exploraron a idea de crear en Rairiz unha aldea modelo, que terá como finalidade defender ás persoas e aos bens dos incendios forestais. Faríase mediante diversas actuacións enfocadas á posta en marcha de actividades agrogandeira na franxa dos 50 metros próxima ás vivendas. Concretamente, apostaríase por orientar eses terreos a diversas producións agrícolas relacionadas coa comarca ourensá da Limia, eminentemente agraria. 

Durante o encontro, ao que tamén asistiu o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois; a primeira edil de Rairiz de Veiga amosouse moi interesada nesta posibilidade e comprometeuse a analizar a situación actual das súas aldeas para atopar a candidata máis idónea.

Pola súa banda, o titular de Medio Rural agradeceu a disposición da rexedora popular para traballar todos xuntos a prol da protección do rural e incidiu en que, a través da figura da aldea modelo, ademais de executar a limpeza das chamadas franxas secundarias é determinante poñelas a producir para que actúen como medio natural fronte aos lumes forestais.

Te puede interesar