HOMENAXE

A memoria da República

Os Amigos da República pechan no cemiterio de San Francisco a Festa da República cun acto de reivindicación a memoria dos republicanos represaliados

Homenaxe á republicanos no cemiterio de San Francisco.
Homenaxe á republicanos no cemiterio de San Francisco.
A memoria da República

Consignas, lectura de comunicado e silencio será a columna vertebral do homenaxe que organiza esta mañá os Amigos da República no cemiterio de San Francisco. 

O acto que serve para reivindicar a identidade e acción republicana na semana da súa festa en Ourense estará acompañada polo descubremento dunha placa en honor a Manuel Nóvoa Barreiros. Este ourensán foi enterrado no cemiterio civil, tras falecer por disparos da Guardia Civil a finais dos anos 40.  A morte prodúxose nunha acción guerrilleira na cidade de Ourense, o 18 de marzo de 1949. Dita acción, que supuxo a morte do veciño ourensán realizouse no entorno do cuartel de San Franscico. 

Manuel Nóvoa foi membro das Xuventudes Socialistas Unificadas e do Comité Provincial do Partido Comunista Español en Ourense a finais dos anos 40. Momento no que se une á unha agrupación da guerrilla antifranquista en Galicia, que estivo operativa na zona da Alta Limia, Serra de San Mamede e A Edreira.


Vermú repúblicano


Ao rematar o acto no camposanto ourensán tendrá lugar un vermú republicano no entorno da Praza Maior, do que se informará con exactitude o rematar os actos de homenaxe e descubremento da placa en honor a Manuel Nóvoa.

Lugar: Cemiterio de San Francisco

Fecha: domingo, 14 de abril, ás 12,00. Posteriormente, vermú na Praza Maior, sobre ás 13,30 horas.