AGENDA CULTURAL

O Arqueolóxico lembra ao seu mentor

Marcelo Macías
photo_camera Dous operarios colocan un retrato de Marcelo Macías na sala de Afundación.

"Hai moito de Macías dentro do museo", razoa o seu director, Xulio Rodríguez, coma presentación da mostra que homenaxea ao intelectual no seu 175 aniversario

Marcelo Macías (1843-1941) naceu en Astorga, pero pasou boa parte da súa vida en Ourense, onde contribuiu en gran medida a enriquecer a vida cultural da cidade. Agora, 175 anos despois do seu nacemento, o Museo Arqueolóxico da cidade, a través da Consellería de Cultura, organiza a exposición "Marcelo Macías. 175 anos aniversario", que se inaugura hoxe ás 18,30 horas na sala de exposicións de Afundación e que contará coa presenza de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo, ou do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Ademais da súa importante aportación ao imaxinario cultural de Ourense, o catedrático en filosofía e letras tamén destacou polos seus estudos en numismática ou arqueoloxía. "Nesta exposición hai elementos importantes da súa vida , como o flageolet que tocaba ou pezas arqueolóxicas que el estudou e que o museo posúe grazas a el", explica Xulio Rodríguez, director do Arqueolóxico que, aínda que está pechado, "hai moito del aí dentro". Macías, un dos mentores e responsables da creación do Museo Arqueolóxico -ao comezo adicado á pintura-, volve estar no foco da axenda cultural da cidade: "É unha oportunidade para coñecer a labor grazas á que agora existe parte do noso patrimonio cultural e para recordar que pertencemos a un fragmento da historia que non comeza con nós". Rodríguez anima aos ourensáns a visitar esta exposición para coñecer "a unha figura senlleira da nosa cultura".

 Lugar: sala de exposicións Afundación
Hora: 18,30 horas

Te puede interesar