Agenda cultural

A boa convivencia de Sarabela

Sarabela teatro
photo_camera Un dos momentos da obra que se interpretará en Celanova este venres.
Sarabela Teatro leva este venres  a Celanova a súa obra "Normas para saber vivir na sociedade actual", na que se fai unha reflexión sobre as convencións sociais durante toda a vida. 

Sarabela Teatro leva este venres a Celanova a obra "Normas para saber vivir na sociedade actual", un espectáculo creado a partir do texto de Jean-Luc Lagarc dirixido por Ánxeles Cuña. 

Fina Calleja, Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta e o músico Vadzim Yukanevich conforman unha peza teatral "trepidante, chea de ritmo e con espazo para as risas e a reflexión". Así o define Calleja, unha das intérpretes da obra. 

Ao longo da narración faise un percorrido polas normas que as persoas "se deron para vivir en sociedade. Comeza co nacemento dun neno, ao que acompañamos por todas as convencións sociais, todos os trámites e todo o que supostamente debemos facer ata o momento de morrer". En resumo, é unha "reflexión sobre esas convencións sociais e burlarnos de nós mesmos" xa que afirma "pensamos que somos libres e finalmente non o somos". 

A actriz destaca que o espectáculo é "un deleite e non queremos deixar de facelo". Calleja recalca  que é unha obra que disfrutan tanto os espectadores como os propios intérpretes. Sinalan que é unha peza que non queren deixar de facer porque "o pasan moi ben". Un espectáculo para reflexionar e para que os espectadores teñan un bo anaco de risas. 

A intérprete engade que para ela o máis destacado da obra é que é "moi completa" porque asegura que nel cítanse "un texto moi potente, a danza, a música en directo". Afirma que os asistentes tamén poderán disfrutar dun "universo musical que conecta co espectador", moitas delas das que "pertencen ao imaxinario colectivo" dos galegos. 

Un espectáculo para todos os públicos do que este venres poderán disfrutar en Celanova.


Auditorio Municipal de Celanova

Venres, 4 de outubro, 20,00 horas

Te puede interesar