MÚSICA

Un canto ás raíces da infancia

A artista Tania Fuegho actúa esta noite na Arca da Noe, en Vilar de Santos.
photo_camera A artista Tania Fuegho actúa esta noite na Arca da Noe, en Vilar de Santos.

Tania Fuegho presenta esta noite un avance do seu próximo disco, "Rinquilinterna", un traballo no que explora o seu lado máis íntimo e persoal

A artista mazaricana Tania Fuegho visita esta noite a Arca da Noe para presentar o seu novo disco, "Rinquilinterna". "Trátase dun pequeno avance no que darei a coñecer o capítulo un do disco, que se estrea a finais de ano", explica a cantante. 

Esta iniciativa xurde como unha mostra de agradecemento ao apoio do seu público e coa que terán acceso en primicia "ao contido íntegro do disco". 

En "Rinquilinterna", Tania Fuegho explora a súa versatilidade musical, pasando dende cancións íntimas a temas máis rockeiros. Un traballo no que as raíces da compositora teñen un peso esencial e no que todas as cancións xiran en torno ás súas propias vivencias. Tanto o disco como a actuación consta de tres partes, "unha primeira acústica, protagonizada unicamente polos acordes da guitarra e a voz, unha segunda con bases lights de percusión e xa unha terceira eléctrica, estilo 'Fuegho'", sinala a intérprete.

"Rinquilinterna", o nome que lle da título ao seu novo disco, é un vocablo da zona de Mazaricos que se refire á "teimudez". Era unha palabra que me dicía a miúdo miña bisavoa cada vez que me vía cantando e que ten moito significado para min, ten moito das miñas raíces".

Tania Fuegho afronta esta nova etapa como un dobre reto no que quere superar as etiquetas predispostas: "Por unha parte, quero explorar novos rexistros e superar os estilos máis cañeros". Ademais, Tania aposta por deixar de lado a súa traxectoria televisiva para mostrar a súa faceta de cantante, "que é o que eu son". Un proxecto que simila aos "comezos dende cero pero coa seguridade que da crer na rigurosidade e na profesionalidade deste traballo". 

Lugar: A Arca da Noe 

Hora: 22,00  

Te puede interesar