axenda cultural

Celebrar o idioma a través do folk

caxade
photo_camera Caxade será a encargada de inaugurar a programación de O Barco para celebrar o Día das Letras Galegas.

A banda liderada por Alonso Caxade será a encargada de arrancar a programación de O Barco co motivo do Día das Letras, nunha cita para reivindicar o idioma

O Barco comeza a celebración do Día das Letras Galegas con música galega. Caxade, o proxecto musical de Alonso Caxade, será a banda encargada de pór ritmo a unha xornada na que se festexará o idioma.

A deste xoves é unha cita doblemente especial para Caxade, primeiro porque "a lingua é unha parte moi importante do noso proxecto", sinala Alonso Caxade.

Ademais, o grupo reencóntrase cinco anos despois co seu público barquense. Nunha ocasión na que se presentará "un compendio do repertorio dos nosos tres traballos". Dende a súa creación no ano 2012, Caxade foi evolucionando musicalmente, "reafirmando as liñas dentro do folk, pero convivindo con influencias electrónicas", explica o músico . En canto ás verbas, séguese mantendo o perfil de "letras retranqueiras e irónicas que expresan aquilo que lle pasa á sociedade dunha foma surrealista".

Unha actuación para deleitarse cos clásicos do seu repertorio e amenizar a espera do seu novo disco, que se publicará a finais de ano.n

Lugar: Praza Maior de O Barco

Data  e hora: xoves, 16 de maio, ás 20,30

Te puede interesar