AXENDA

Cor para despedir a festa

Procesión de As Marabillas, onte.
photo_camera Procesión de As Marabillas, este domingo (JOSÉ PAZ).

As Marabillas despide tres días de festa con misas dende primeira hora, á  procesión da Virxe e coa música da banda de Vilanova e da orquestra New York. 

Chega a época de maior número de festas en Galicia e a provincia non é allea ao calendario estival. Nalgúns puntos de Ourense a troula xa comezou. É o caso de As Marabillas, en Cartelle. Dende o pasado sábado celebran con moita paixón e tradición as festas na honra da Virxe das Marabillas. Uns actos festivos aos que os veciños despiden hoxe, día grande da celebración. Pola mañá, ás 09,00 horas arrancan os actos relixiosos, que finalizan cunha ceremonia ao mediodía presidida polo obispo, Leonardo Lemos. 

Antes, como marca a tradición, os ramos de bolas característicos desta romería, acompañarán a virxe durante a procesión, á que acuden fieis de toda á comarca. Despois terá lugar a subasta na que os asistentes poxarán por ser os que depositen a virxe no seu altar.

 

Os acto litúrxicos que estarán acompañados pola música da banda de Vilanova dos Infantes que tamén amenizará a sesión vermú. A orquesta New York será a encargada  pola noite de facer bailar e disfrutar os asistentes. 

Lugar: As Marabillas

Fecha y hora: hoxe, a partir das 09,00 horas

Te puede interesar