Agenda

Enerxía para o verán

Agenda

axenda cultural

Enerxía para o verán

Mounqup, durante unha actuación na Ribeira Sacra. (A.C.)
photo_cameraMounqup, durante unha actuación na Ribeira Sacra. (A.C.)

A praza de San Marcial acolle esta noite un novo concerto do programa de VeránEarte, no que a artista franco-galega Mounqup será a encargada de amenizar a tarde de verán

A música é un dos elementos imprescidibles para pasar un bo verán. Por iso, dentro das actividades de Escua para o programa VeránEarte non falta o toque musical. Despois das actuacións de Las Cruzes e Los Camachuelos, os ourensáns teñen esta tarde unha nova oportunidade para gozar da música. 

Nesta ocasión será a cargo da artista franco-galega Mounqup.

A céntrica praza de San Marcial será o escenario no que a artista franco-galega fará vibrar ás persoas que acudan á cita para escoitar as súas composicións máis persoais e contemplar o seu virtuosismo. Camille Hédoun, máis coñecida como Mounqup, interpretará os temas dos seus dous traballos, "Proba de Son" (2017) e "Castro Verdi" (2018).

Un concerto con moito ritmo no que os espectadores gozarán dos sons electrónicos que caracteriza a Mounqup, así como das influencias do jazz e o folk. 

Música en inglés e en galego para amenizar unha tarde de verán na que os ourensáns teñen unha nova oportunidade para descubrir o talento da provincia.

Lugar: praza de San Marcial  

Hora: 21,30 horas.

Más en Agenda

Agenda

Las mezclas de Baiuca

Baiuca, el proyecto diseñado por el gallego Alejandro Guillán, tocará este sábado en la praza de Saco y Arce dentro del festival Musgo