Agenda

O escenario como espello da vida

Agenda

AGENDA CULTURAL

O escenario como espello da vida

As dúas actrices, nun momento da obra.
photo_cameraAs dúas actrices, nun momento da obra.

As actrices Stephy Llaryora e Josi Lage presentan este sábado en Verín, ás 20,30 horas, a súa primeira obra xuntas, "Loló e mamá"

Josi Lage acudiu como espectadora a un monólogo humorístico de Stephy Llaryora, fai xa uns anos. Ao rematar, achegouse para felicitala polo seu traballo e intercambiaron números de teléfono e conversación durante un rato. 

Sen sabelo, aquel era o inicio dunha relación profesional que se materializou en "Loló e mamá", a obra que hoxe presentan en Xinzo de Limia ás 19,30 horas no auditorio da Casa da Cultura "Ángel Cocho". 

Llaryora presenta con Lage a súa primeira producción, cargada dunha forte compoñente autobiográfica. A historia presenta a unha nai, Lage, que despois de perder o seu traballo comeza a vivir na casa da súa filla, Llaryora, por necesidade. "É unha muller de acción, reporteira de guerra, que se ve atrapada nun piso, nun espazo pechado", comenta Lage. Enriba do escenario, un conflito asegurado. "O feito de convivir xuntas provoca que se removan moitos momentos do pasado, o que tamén amosa as razóns das súas carencias actuais e as obriga a buscarse na outra", comenta a actriz e artífice da obra. Pero ademais de drama, nesta peza hai moita comedia. "Son situacións tan cotiás que xeran moita comicidade entre o público. Discusión típicas que ten todo o mundo, dende por que ovos fritos para a comida ata botarse en cara calcetar moitas horas", argumenta Llaryora. A obra xoga, deste xeito, a buscar a empatía e a conexión cos espectadores a través da risa. "Despois dunha das actuacións estiven falando cunha moza do público e díxome que agora entendía moito mellor á súa nai", comenta Lage, moi contenta. "Tocar e emocionar aos demais a través do teatro, e ademais conseguir que se leven algo ás súas vidas é fermosísimo", recalca. 


Loló e mamá


Stephy Llaryora inspirouse na súa nai para a creación do papel de Mabel, á cal encarna Josi Lage. "Para esta historia era moi necesario conectar con ela e que a nosa mirada fose de amor real", comenta Llaryora, "fixemos moitos exercicios de respirar e latexar xuntas". Pola súa parte, para Lage, representar a Mabel foi todo un reto. "Tiven que investigar como se move, como fala, como xesticula, como é o seu propio mirar", explica a actriz. 

Más en Agenda

Agenda

Las mezclas de Baiuca

Baiuca, el proyecto diseñado por el gallego Alejandro Guillán, tocará este sábado en la praza de Saco y Arce dentro del festival Musgo