AXENDA CULTURAL

A frauta de jazz que madurou en Río

uploaded_maria_toro_araras_foto_ana_schlimovich-182
photo_camera A frautista coruñesa María Toro posa coa súa inseparable compañeira.

A coruñesa María Toro chega coa súa frauta e o seu cuarteto de jazz e flamenco para clausurar o XXII Festival Jazz de Primavera

Á María Toro de oito anos xa era habitual vela coa súa inseparable frauta polas rúas de A Coruña. Ninguén podía adiviñar que anos máis tarde tocaría en locais de música de España, Suiza, Brasil ou Estados Unidos para ensinar ao mundo as súas composicións.

Este xoves, serán os ourensáns os que poidan escoitar en primeira persoa a fusión de jazz e flamenco que interpretarán Moisés Sánchez, Antonio Miguel e Carlos López, liderados por Toro. "Son músicos que me gustan e esteticamente encaixan para tocar as miñas pezas", explica a frautista. Este "quartet" é o encargado de clausurar o XXII Festival Jazz de Primavera, este xoves no Café Latino, a partir das 23,00 horas.


Frauta, jazz e flamenco


Primeiro chegou a frauta á vida de María Toro. Farta de que as fronteiras creativas se lle pecharan coa música clásica, "comecei a estudar jazz mentres traballaba cun grupo de flamenco e estaba coloreada polas dúas correntes".

Aínda que parezan dous estilos moi afastados, para Toro, "é difícil establecer onde está a fronteira entre estas dúas correntes musicais, porque entendo que van da man", explica. A súa compañeira tamén destaca por ser un instrumento pouco habitual en jazz e flamenco. "Paco de Lucía, nos anos 80, montou un sexteto cunha frauta, unha práctica cada vez máis común pero desgraciadamente non hai moita escola", di Toro. 


De "A contraluz" a "Araras"


As experiencias vividas nas súas viaxes poden sentirse no seu primeiro álbum, "A contraluz": "Teño a cabeza moi aberta a escoitar outros estilos musicais. Atopeime con artistas diferentes e o intercambio cultural foi moi enriquecedor". 

Este xoves no Latino presenta o seu último traballo, "Araras", grabado con músicos brasileiros de jazz. "A madurez é a característica principal dos temas de 'Araras', unha sublimación da vivencia dos cinco anos que pasei en Río". 

Te puede interesar