Axenda cultural

Ilustracións para Celso Emilio

uploaded_pe_20180725_105756-1-
photo_camera Un dos cadros de Manolo Figueiras, que mestura a técnica do óleo cos gravados en madeira.

Manolo Figueiras elaborou estas pezas coa obra "O soño sulagado" do celanovés na cabeza: "É unha reflexión xeral cun transfondo onírico"

"O soño sulagado" foi o segundo libro de poesía publicado en galego por Celso Emilio Ferreiro, no que o escritor celanovés "reflexa a dureza dos anos 50, a nivel social e político, e como se lle derrubaron os ideais que tiña sobre a xuventude", explica Manolo Figueiras. Este artista alaricano expón na Camballota (Camiño do Castelo, 10, en Allariz) unha colección de once cadros que recibe  o mesmo nome que o poemario de Ferreiro, e que pode verse a ata o 5 de agosto: "Sempre me gustou o título e me sentín identificado co contido do libro".

As obras de Figueiras tamén representan  "a perda da inspiración e as ideas frustradas. A idea desta exposición incide no plano psicolóxico, facendo unha reflexión xeral que calquera artista pode facer, pero cun transfondo onírico". uploaded_foto_cadro-1-

As once pezas de "O soño sulagado" teñen todas un mesmo formato, "salvo unha, onde aparece Marx, porque quixen plasmar unha utopía fracasada. É unha serie recente, fíxena dunha ano cara aquí, e debía adaptarse as paredes de pedra da Camballota, o espazo que tiñamos dispoñible". O método empregado por Figueiras non acostuma verse: "Trátase dunha técnica peculiar. Non se trata de obras realizadas estrictamente con pintura, senón que se mestura o óleo cunha base de talla de madeira, feita previamente".

Te puede interesar