Agenda

Que lle pasará ao señor Patricio?

Agenda

Axenda cultural

Que lle pasará ao señor Patricio?

O Grupo de Teatro de Vilamarín, nun descanso dos ensaios.
photo_cameraO Grupo de Teatro de Vilamarín, nun descanso dos ensaios.

O grupo de teatro de Vilamarín inaugura as Noites Teatrais con "Os cravos de prata". O seu protagonista promete moitas risas

Este venres presentábanse a trixésimo primeira edición das Noites Teatrais, que levan máis de tres décadas acercando cada verán a Vilamarín espectáculos de referencia da dramaturxia galega. Dende mañá, e ata o vindeiro venres, cinco compañías subirán ao escenario do auditorio municipal coas súas respectivas obras, ás 22,30 horas. 

Para comezar, os da casa: o Grupo de Teatro de Vilamarín, coa obra "Os cravos de prata". "A historia está ambientada a principios do século XX nunha aldea de Escocia, onde viven baixo o mesmo teito un home e a súa esposa, máis as irmáns del", explica Iván Novoa, un dos actores da función.

 Ata aquí, todo normal. Os problemas para esta familia comezan cando morre un veciño deles. "O home, Patricio, ve o enterro que lle fixeron e empeza a explicarlle a súa dona e máis as dúas irmáns como quere que sexa o seu funeral e, por suposto, que sexa mellor, cando de repente...". 

Novoa non desvela máis desta historia, que promete arrincar risas entre o público. "Son os profes os que elixen a obra que imos representar, pero nós pedímoslles que fora graciosa", explica Nóvoa, que interpreta ao personaxe principal, Patricio, aínda que para el "todos somos os protagonistas, porque sen a familia deste home non habería historia".

O Grupo de Teatro de Vilamarín conta con dous anos de vida: "A min sempre me gustou isto, e había un obradoiro no concello, que ao final decidimos manter e facer un grupo porque o pasamos moi ben", conta Nóvoa. Son catorce actores, de entre doce e setenta anos, que ensaian desde xaneiro dúas horas semanais para preparse para as Noites Teatrais.

"Sempre estreamos esta semana, pero despois imos a máis sitios, como ao auditorio de Coles". Non só ensaian "Os cravos de prata", senón que no Nadal tamén preparan un espectáculo para os máis pequenos. Ademais, son eles mesmos os que se encargan do vestiario: "E tamén montamos a escenografía. Ademais un é carpinteiro e fixo a caixa do morto". 

Más en Agenda

Agenda

Las mezclas de Baiuca

Baiuca, el proyecto diseñado por el gallego Alejandro Guillán, tocará este sábado en la praza de Saco y Arce dentro del festival Musgo