MIT de Ribadavia

Moito ollo coa tropa deste doutor

troupa
photo_camera Miñoca, o Doutor Milagre e Madame Bovarí mostran a eficacia das pócimas.

Inventi Teatro presenta unha función "ao grande". Miñoca, Madame Bovarí e o Doutor Milagre chegan a Sampaio no seu camión especial

"Imos mercar un camión!", recorda Beatriz Campos que lle dixo o seu compañeiro Marcos Alonso fai xa un ano. E así foi como comezou a aventura teatral "A tropa do Doutor Milagre", de Inventi Teatro. Xunto con Paulo Medal, Campos e Alonso encarnan a Miñoca, o Doutor Milagre e Madame Bovarí, tres personaxes que percorren as vilas galegas neste autobús intentando vender as súas propias pócimas. "Este médico inventa uns elixires para superar problemas como a pouca forza, a calvicie, ou para aprender a cantar coma os anxos.

Durante o espectáculo, somos os seus esbirros, Miñoca e a Madame, os que os probamos, pero non funcionan nunca", bromea Campos. Mañá aparcarán o seu customizado vehículo en Sampaio e abrirán as portas da súa tenda con rodas ás 20,00 horas, e tamén o venres, en Santo André, á mesma hora, dentro da programación da MIT. 

Despois de ter asistido a duciais de festivais de teatro e traballar durante máis de 15 anos sobre os escenarios, os tres actores decidiron que tiñan que facer algo novidoso. "Queríamos un espectáculo de rúa cómico e que fose ao grande. Esta é unha obra con moi pouco texto, moi visual e fresca, pois só dura unha hora", e onde a participación do público tamén é moi importante: eles mesmos poden ser os que proben a eficacia, ou non, dos elixires do Doutor Milagre. "Hai unha gran colaboración cos asistentes, poden ver o noso camión por dentro e Madame Bovarí mesmo pode ler o futuro do asistentes".

Outra das cousas que destaca neste espectáculo é o camión no que a tropa se desplaza, cunha vida adicada ao teatro. "Vendíao outra compañía, pero tamén fora do Centro Dramático Galego, e se ninguén o quería, íano despezar". En apenas 15 días xa estaba o Doutor Milagre listo para percorrer as estradas, e desde o agosto este personaxes atesouran 30 funcións, en diferentes citas: "Estivemos en festas gastronómicas, en circuítos teatrais, e mesmo presentamos a gala do 10º aniversario dun centro comercial en Vigo!".

Te puede interesar