Agenda

O son da poesía galega

Agenda

axenda cultural

O son da poesía galega

Xardín Desordenado promete un concerto "íntimo e rítimico". (NANDI ESTÉVEZ)
photo_cameraXardín Desordenado promete un concerto "íntimo e rítimico". (NANDI ESTÉVEZ)

O grupo vigués Xardín Desordenado ofrecerá un concerto este xoves na Valenzá no que porán música á biografía e obra de Antón Fraguas e tamén a poetas galegos

Un percorrido polas librerías e bibliotecas buscando palabras ás que poñer música foi o inicio no 2011 do proxecto dos vigueses Xardín Desordenado.

Un grupo que este xoves ofrecerá en Barbadás unha "nova homenaxe ao galego". Así o define Santiago Ferragud, un dos cinco integrantes da banda. 

Nesta actuación farán un percorrido musical "pola biografía, os feitos máis significativos e incluso a obra de Antón Fraguas". Tamén porán música a poemas de autores que tiñan as "mesmas inquedanzas que Fraguas". Santiago Ferragud sinala que soarán cancións das obras de "Manuel María, Díaz Castro, Rosalía ou Carlos Casares".  

Ferragud sinala que é unha banda con ritmos dende "o swing, o jazz ou o blues" aos que pon voz a cantante portuguesa Marlene Rodrigues. O músico afirma que Xardín Desordenado ofreceraeste un concerto "íntimo e moi rítmico". 

"Espero que se achegue moita xente porque será unha tarde moi divertida", promete o músico. 

Lugar: parque dos Patos de A Valenzá (Barbadás)  

Data e hora: xoves, 18 ás 21,00 horas.

Más en Agenda

Agenda

Las mezclas de Baiuca

Baiuca, el proyecto diseñado por el gallego Alejandro Guillán, tocará este sábado en la praza de Saco y Arce dentro del festival Musgo