axenda cultural

Oda ao retrato na "Serie Taschen"

uploaded_leon_kossoff,_egon_schiele,_robert_longo_,_suzaku_arakawa,_tadeusz_kantor,_raymond_girke,_marcel_janco,_richard_mortensen_,_germaine_krull-70x100_result
photo_camera Unha das pezas que se expón na Galería Visol, con trece retratos nun só cadro.

O artista ourensán Xosé Vilamoure mostra unha parte desta colección de 774 caras de artistas, inspiradas no libro "El arte del siglo XX"

Inspirado nas imaxes duns libros, o artista ourensán Xosé Vilamoure comezou, arredor do ano 2014, a compoñer a "Serie Taschen", unha colección de 774 retratos. Os modelos atopábanse en "El arte de siglo XX", da editorial Taschen, onde "aparecían fotos de artistas cunha pequena biografía, e comecei a pintalos. É importante recuperar algo tan clásico da pintura como é o retrato". 

Ata o día 18 de novembro, na Galería Visol, poden verse 26 cadros da "Serie Taschen" de Vilamoure, onde se atopan 64 retratos. A selección foi feita "con total liberdade. Intentei facer un resumo do mellor da coleción, do máis interesante", razoa o artista. As imaxes da mostra toman diferentes formas: "Hai moitos corpos que non se corresponden cos reais, iso é parte do xogo. Tamén hai artistas que aparecen coa cabeza doutros nas súas mans, pero non é nada macabro, son pinturas bastante amables", comenta Vilamoure", co óleo como técnica predominante na colección.". Agora mesmo con dúas exposicións en activo -"Animais en perigo de extinción" pode verse na sala AlterARte-, Vilamoure asegura que "mentres non deixe de pintar, seguirá vivo o artista que hai en min". 

Sitio: Galería Visol 
Horario: de 18,30 a 21 (M. a V.)  e de 12 a 14 (sábados) 

Te puede interesar