agenda

Optimismo punk para os cativos

Brais das Hortas e Peter Punk tocarán un estilo musical que cautivará aos máis pequenos.
photo_camera Brais das Hortas e Peter Punk tocarán un estilo musical que cautivará aos máis pequenos.

O espectáculo "Punkinfantil" chega este xoves a Barbadás cunha representación para todos os públicos na que se combina a música, o clown e o humor cun toque reivindicativo. 

Brais das Hortas e Peter Punk farán bailar e rir a partes iguais durante unha hora os asistentes que este xoves acudan a Barbadás a ver o espectáculo "PunkInfantil", producida por Charlatana e dirixida por Walter Velázquez.

No escenario atoparánse Brais, que quere ofrecer un concerto infantil, e Peter, que quere facer un concerto punk. "Ambos atopánse en escea e teñen que entenderse", sinala un dos protagonistas. 

"Brais ten certos prexuízos en relación ao punk, mentres que Punk se mostra máis aberto", sinala Isaac Rodríguez, que da vida a Peter. Engade que neste concerto "mostramos uns valores do punk máis constructivos". "Faino ti mesma", "exprésate como queiras", son algúns desos mensaxes que queren mostrar nunha actuación na que non faltará o humor e na que ambos  interpretarán cancións orixinais en galego de diferentes estilos. 

Isaac, o actor que interpreta a Peter Punk sinala que as letras teñen  "un puntiño reivindicativo".

Lugar: parque dos Patos da Valenzá, Barbadás.  

Fecha y hora: Mañá, 11 de xullo, ás 21 horas.

Te puede interesar