AXENDA CULTURAL

"Eles personaxes, elas protagonistas"

uploaded_pedro_feijoo,_mar_1_yagoray_copia_result
photo_camera Pedro Feijóo, nunha imaxe de arquivo.

Pedro Feijóo presenta a súa última novela, "Sen piedade", onde planta cara aos seus demos como trasfondo a unha historia de troula

O escritor e músico Pedro Feijóo (Vigo, 1975 )-foi membro da ourensana banda Lamatumbá- é un dos autores que máis ten vendido en galego desde que a súa primeira novela, "Os fillos do mar", saíu a venda. Este martes presenta a súa última obra, "Sen piedade", na libraría Nobel, ás 19,30 horas, unha historia de dous mozos que se botan á troula, pero cun tema de trasfondo, como é habitual nos seus traballos. Desta vez, moito máis persoal.

"Sen piedade" ía ser unha novela xuvenil, pero acabou sendo "a novela máis bestia que escribín". Cando cambiou esa perspectiva?

No minuto 2. En Xerais pedíranme unha obra xuvenil porque os anteriores traballos funcionaron moi ben nos institutos. Pero cando me sentei a escribir o guion xa vin que non ía ser así, que sería una novela dura, agresiva.

É unha obra persoal, onde di que se enfrentou aos seus demos. En que momento sentiu esa necesidade?

Os anteriores libros foron unha especie de pretexto para contar outras historias, como a manipulación cultural. Pero por ese camiño, esquecinme de mirar dentro de min, e cando comecei co guion de "Sen piedade", non me atopaba ben. Sabía que esta obra ía ser unha batalla que ía perder, pero que había que loitar. Para min, tivo una función terapéutica como a pode ter o tratamento dunha enfermidade.

Está a troula dos protagonistas á altura dos rapaces da “Esmorga"?

Digamos que Gordo e Teo non fan nada que non fixeran os vosos veciños antes.

Pero hai unha historia de trasfondo.

Sí. Unha cousas que me preocupa é a situación actual das mulleres na sociedade, é un tema que está moi presente e sempre que hai novas sobre asasinatos machistas, o foco ponse neles. Por iso, quería que parecese un libro de machos, pero ao avanzar a historia, as cousas van cambiando. Puxen, de xeito consciente, o foco nas mulleres, pero sen darlle ningunha palabra, porque eles son os personaxes, pero elas as protagonistas.

Ten un pasado musical en Ourense. Cal é a relación música-literatura nesta obra?

O certo é que en todas hai un aceno á música, pero procuro ser discreto: non me gusta dicir "Sube ao coche e está soando tal canción". En "Sen piedade", cada capítulo é unha referencia á unha canción para ambientar esa parte da historia. Gústame xogar coas referencias.

Proxectos de futuro?

Despois duns anos moi axetreados, collín vacacións todo o verán, e desconectei moito. Por iso, agora, empezarei pouco a pouco co guion da nova novela.

Lugar: libraría Nobel, Ourense

Hora: 19,30 horas

Te puede interesar