axenda

Os recordos da Coral Solpor

Os membros actuais da Coral Polifónica Solpor, no auditorio Ilduara.
photo_camera Os membros actuais da Coral Polifónica Solpor, no auditorio Ilduara.
A Coral Polifónica Solpor conclúe hoxe os actos de celebración do 40 aniversario da agrupación. Faino cun concerto "moi variado" no Auditorio Ilduara de Celanova . 

A Coral Polifónica Solpor continúa inmersa na celebración do seu corenta aniversario. Hoxe celébrase o último acto conmemorativo, un concerto no Auditorio Ilduara de Celanova no que participarán os trinta integrantes da coral.

A agrupación fundouse o 16 de agosto de 1979 polos irmáns sacerdotes Manuel e César Iglesias Grande, este último párroco actual da vila e secretario da coral. 

A actuación desta tarde será un concerto "variado con cancións de distintas épocas, así como temas populares comos son os boleros", sinala César Iglesias. Dende a formación esperan "que a xente acuda ao concerto porque os veciños adoran a coral". Iglesias sinala que é todo un "orgullo" cumprir 40 anos de historia, co orgullo de "levar Celanova polo mundo", xa que ao largo de catro décadas Solpor actuou en diferentes puntos do país, así como Portugal ou Venezuela.

Despois do concerto do pasado domingo no mosteiro San Rosendo e dunha exposición, o recital desta tarde culmina o programa de celebracións da coral Solpor.

Lugar: Auditorio Ilduara

Hora: 20,00 horas

Te puede interesar