Agenda cultural

Regresar é unha obriga para o artista

deportes11-archive-2018-09-06-iago0609-29_result
photo_camera Pepe Galán no Marcos Valcárcel, onde se expón a colección das súas obras "A volta dunha ausencia".

Pepe Galán volve aos espazos expositivos despois de 8 anos. "A volta dunha ausencia" é unha ollada a toda a súa carreira escultórica

"Hai que saber cando parar". E o artista Pepe Galán (A Coruña, 1955) souboo no ano 2010, cando decidiu poñer freno a súa produción e afastarse dos espazos expositivos como autor. Comezou así unha andadura na que "non fixen esculturas, pero si talleres, retomei estudos... fixen cousas diferentes. O que non tiña sentido era producir máis obra, ocupar espazo e non poder vender", explica Galán, de volta agora con corenta pezas que ilustran cada un dos momentos da súa carreira escultórica.

"A volta dunha ausencia" pode verse ata o vindeiro domingo, día 21, no Marcos Valcárcel.

Deste periodo de oito anos, Galán asegura ter conseguida unha aprendizaxe diferente: "A situación que vivín fíxome sacar forzas de fraqueza, algo moi común nos artistas que sempre estamos sacando ideas".

Volver sempre estivo presente para Pepe Galán, pois "non podo deixar de ser quen son, un artista". As pezas elixidas para o seu regreso son "coma unha espiral, todo está relacionado, tanto materiais coma conceptos". Despois dunha vida adicada á profesión, Galán presenta obras "moi frescas, con materiais non tan pesados", unha serie de arame e licra e tamén esculturas a través de pezas visuais.

Galán ten agora diferentes proxectos de futuro porque "para un artista, o importante é que se manteña a dinámica". 

Te puede interesar