AGENDA

Sketches de realidade e humor

20180615205050055_result
photo_camera Federico Pérez e Pepo Suevos empregan a actualidade máis recente para facer rir ao público de "A culpa é do sistema".

En "A culpa é do sistema", Federico Pérez e Pepo Suevos ofrecen a o público dúas horas de humor empregando a actualidade

"Menos de dez actuacións e xa cambiou o goberno do país", escribía na súa conta de Twitter Pepo Suevos (Ferrol, 1971), que xunto con Federico Pérez (Alemaña, 1976) empregan a actualidade como materia prima de "A culpa é do sistema", un espectáculo de dúas horas en formato sketches, que hoxe presentan no auditorio do Carballiño, ás 20,00 horas. Pérez explica que o nome do espectáculo provén dunha frase "que está institucionalizada no sistema. Non se sabe moi ben de onde vén, pero garda bastante sabiduría e encaixa co que nós imos contar". 

A entrada ao cárcere de Urdangarin, o estado das pensións ou a recente dimisión do ministro de Cultura son algúns dos temas que poden tratar, porque "xogamos coa actualidade, non hai guión pechado, por iso cada actuación é diferente e o público decide de que quere que falemos". 

Que os espectadores tivese máis implicación no transcurso da actuación foi unha das razóns polas que decidiron facer "A culpa é do sistema". Tamén o foi a necesidade de empregar o humor para suavizar os problemas do día a día: "O humor é necesario,  hai que rirse de todo, pero especialmente de un mesmo". Coa actuación de hoxe no Carballiño pechan a xira desta obra, que Pérez recoñece que está a ter unha "boa acollida porque todos o pasamos ben". 

Te puede interesar