axenda

O tesouro atopado no Pompeo

A Peza do Mes do Museo Arqueolóxico é "un galináceo ou pavón".
photo_camera A Peza do Mes do Museo Arqueolóxico é "un galináceo ou pavón".

Ana María Veiga Romero presentará mañá a peza do mes do Arqueolóxico, unha fíbula que foi atopada durante os traballos realizados no Otero Pedrayo en 1996.  

O Museo Arqueolóxico presenta mañá "A fíbula con esmalte", a peza do mes deste espazo museístico da cidade. Ana María Veiga Romero será a encargada de dar  a coñecer o público este  obxecto na sala "Escolma de Escultura". Unha peza que foi atopada nos traballos arquelóxicos realizados por Celso Rodríguez en 1996 na antiga pista deportiva do IES Otero Pedrayo.   

Veiga Romero explica que as fíbulas son "obxectos métálicos que serven para unir dúas pezas dun tecido o suficientemente brando como para que poida penetrar unha agulla aseguradora" e teñen como función "manter pechada unha peza de roupa" cun sistema operativo similar aos imperdibles ou os broches. 

A maioría de fíbulas con forma de animais, como é o caso da que se presenta este mércores, foron "clasificadas por Michel Feugère como tipo 29". En concreto, esta peza mostrada no Arqueolóxico corresponde a variante "Feugère 29a23". Trátase dun "galináceo ou pavón, de pé a dereita" na que se aprecian todos os riscos anatómicos. Para Romero, a precisión deste traballo "apréciase no tratamento do ollo" no que resaltan "tres círculos concéntricos incisos". Tamén pola separación entre o corpo e o pescozo por medio dunha pequena franxa de liñas verticais". Esta fíbula, explica Veiga Romero, está decorada nas ás "con pequenas manchas de esmalte en cor azul" e con"incrustacións vítreas en cor verde e vermello e de cor verde e negro antracita na cola". 

A peza non conserva a agulla de fixación, pero si a bisagra e a parte do gardapunta. Romero tamén sinala que está fabricada a molde e rematada en frío para "conseguir unha mellor precisión nos detalles".

Lugar: Sala da Escolma, Museo Arqueolóxico, San Francisco

Fecha y hora: ás 20,00 horas

Te puede interesar